Skip to content

hellosisters/hellosisters.github.io

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

 

History

63 Commits
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Repository files navigation

Hello Sisters!

Este proxecto é unha web de referencia para o grupo Hello Sisters!.

O modelo que se empregou foi GameR - gaming HTML template.

Se queres facer calquera modificación, asegúrate de que as imaxes que poñas sexan Creative Commons ou de citares a súa autoría se a/o propietaria/o así o indica. Polo de agora, as imaxes que se usan de fondo na web foron sacadas de Unsplash e pixabay.

Por outra parte, para calqueira modificación, fai unha Pull Request ao repositorio, creando a túa propia branch.

Non fagas cambios directos na rama main! ;)


Como colaborar neste repositorio?

Metodoloxía de traballo:

Os pasos que seguimos cando queremos modificar algo do repositorio son os seguintes:

  1. Crear ticket no backlog do proxecto en GitHub coa descrición da tarefa que se vaia facer.

  2. Cando vaias comezar coa tarefa, mover a ticket a In progress, crear un issue a partir del e asignalo a quen corresponda (posiblemente sexas ti quen vai realizar esa nova tarefa).

    • Se o consideras necesario, pódeslle poñer a etiqueta que mellor che pareza.

    • Dentro dese issue é moi práctico e recomendable engadir a descrición da tarefa, onde tamén podes engadir checkboxes, de forma que se poida ir marcando o progreso.

  3. Crear a rama en local ( feature/nomeDaRama ) e subila ó repositorio. Como de momento está vacía:

    • git commit --allow-empty -m "Root commit"
    • git push origin feature/nomeDaRama
  4. Unha vez subida a rama, crea unha PR (Pull Request) a partir desa rama e márcaa como draft (para indicarnos ás demáis que aínda estás a traballar nela) - guía para crear unha PR

  5. Despois disto, é moi recomendable relacionar a PR co issue (guía para enlazar issue con PR).

  6. A traballar na tarefa!

  7. Por último, cando xa estea a tarefa rematada con todos os commits subidos, move o ticket á columna In test, de xeito que o resto saibamos que está á espera de que alguén revise e aprobe a PR. Agora soamente quedaría sacarlle o draft á PR e pedirlle a outra sister que revise e aprobe a PR! Se consideras que isto non é necesario, sempre poderías aprobar a PR ti mesma.

Crear unha nova entrada no blog:

Para crear unha nova entrada no blog, será necesario que fagas o seguinte:

  1. Seguir os pasos explicados arriba para crear unha nova rama, etc.
  2. Crear unha nova entrada do blog a partir do modelo dun blog-item. Aí poderás completar toda a información referente á túa temática.
  3. Recorda completar a última parte na que hai un oco para poñer información sobre ti mesma! Para isto pódese reutilizar o teu avatar que debería estar gardado en /img/sisters. De non ser así, este é un bo momento para facer un e engadirte como membra de HelloSisters!
  4. O seguinte paso sería engadir o teu post na blog-list.
  5. Por último, só quedaría actualizar o contador para o seguinte evento. Para isto, hai que actualizar a data do ficheiro index.html seguindo este formato "Sep 5, 2021 17:30:00".
  6. Lista!

Engadir unha nova sister no equipo:

Para engadir a unha nova sister na web, os pasos a seguir son os seguintes:

  1. Seguir os pasos explicados arriba para crear unha nova rama, etc.
  2. Crear un avatar usando este modelo en picrew.me. Lembra seleccionar o fondo branco para que despois sexa máis cómodo borralo, xa que o resto das imaxes das sisters están co fondo transparente.
    • Para isto recomendámosche que uses GIMP ou calquera outra ferramenta de edición de imaxes.
  3. Gardar o avatar na carpeta /img/sisters.
  4. Duplicar a unha das sisters que xa estean na web e engadir os teus datos: nome, especialidade e RRSS (nosoutras de momento estamos poñendo os perfís de Twitter, LinkedIn e GitHub).
    • A web está deseñada para mostrar a 3 sisters en cada fila. De ser necesario crear unha nova fila, recorda poñer o col-sm-4.
  5. Lista!

As nosas redes sociais:

Fálanos por calquera delas, estaremos encantadas de responder calquera dúbida!